Programa de ocio 2024-2025
ACTIVIDADES PARA PERSOAS MAIORES
Requisitos a ter en conta:
- Ser maior de 60 anos e estar xubilado ou ser pensionista; igualmente poderán acceder ás actividades as persoas con 65 ou máis anos independentemente de que estean xubiladas ou non.
- No caso de levar un/ha acompañante, este poderá inscribirse aínda que non cumpra o anterior requisito nas viaxes ou comidas que se celebren.
- Estar empadroado/a no Concello de Outeiro de Rei.
- As persoas perceptoras de pensións non contributivas para ter dereito á cota reducida terán que acreditar dita situación mediante certificado acreditativo que se pode solicitar no departamento de Servizos Sociais do Concello.
- As prazas cubriranse por rigorosa orde de solicitude
- As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades previstas terán que realizar a inscrición na CASA DA CULTURA de Outeiro de Rei nos seguintes prazos:
-
- Para as actividades do ano 2024, do 9 de xullo ao 24 de xullo.
- Para as actividades do ano 2025 o prazo de inscrición será o mesmo que se estableza para as actividades de inverno.
- A celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas queda supeditada á demanda existente (que non poderá ser inferior ao 50% das prazas ofertadas na actividade, agás na actividade Coida os teus pés que non ten mínimo de demanda) ou a posibles imprevistos que poidan xurdir.
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 11/10/2024 NAS ACTIVIDADES MARCADAS CUN ASTERISCO *.
FÓRA DESTE PERÍODO CONSULTAR DISPOÑIBILIDADE DE PRAZAS.
XXX FESTA DOS XUBILADOS |
|
---|---|
Data celebración: | VENRES, 05/07/2024 |
Lugar: | CAMPO DE SANTA ISABEL |
Cota: | 5 € (xubilados ou pensionistas) |
30 € (acompañantes que non reúnan o requisito anterior) | |
COIDA OS TEUS PÉS |
|
Data | DO 04/09/2024 AO 30/07/2025 |
Horario: | MÉRCORES, DE 09:20 h A 13:00 h |
Nº prazas: | 12 (límite de pacientes por día) |
Lugar: | CENTRO MÉDICO DE OUTEIRO DE REI |
Cota: | 3 € / CONSULTA (perceptores de pensións non contributivas) |
5 € / CONSULTA (resto de usuarios) | |
10 €/CONSULTA (persoas non empadroadas en Outeiro de Rei, suxeito a dispoñibilidade de prazas) | |
Previa cita no tlfno.: 982 393 281 | |
CONDICIÓNS DE USO DO SERVIZO COIDA TEUS PÉS |
|
XIMNASIA PARA MAIORES |
|
Duración: | DO 10/09/2024 AO 15/05/2025 |
Horario: | MARTES E XOVES, DE 10:15 h A 11:15 h |
Nº prazas: | 20 |
Cota: | 5 € (perceptores de pensións non contributivas) |
25 € (resto de usuarios) | |
CURSO BÁSICO DE MANEXO DO MÓBIL |
|
Duración: | ROBRA, 16 E 17/09/2024 |
OUTEIRO DE REI, 23 E 24/09/2024 | |
CELA, 30/09/2024 E 01/10/2024 | |
MATELA, 07 E 08/10/2024 | |
Horario: | LUNS E MARTES, DE 16:00 h A 18:30 h |
N° prazas: | 12 |
Lugar | CENTROS CULTURAIS DE ROBRA, OUTEIRO DE REI, CELA E MATELA |
Cota: | GRATUÍTA |
DE EXCURSIÓN A RIBADEO |
|
Data celebración: | DOMINGO, 22/09/2024 |
Horario: | DE 09:30 h A 19:00 h |
Nº prazas: | 40 |
Lugar saída: | PRAZA DO CONCELLO |
Cota: | BUS GRATUITO |
DE EXCURSIÓN AO CORPUS CHRISTI DE PONTEAREAS E MONDARIZ * |
|
Data celebración: | DOMINGO, 22/06/2025 |
Horario: | DE 09:00 h A 20:00 h |
Nº prazas: | 53 |
Lugar saída: | PRAZA DO CONCELLO |
Cota: | BUS GRATUITO |
Festa de Interese Turístico Internacional polas súas alfombras florais. | |
TALLER DE MEMORIA * |
|
Duración: | DO 05/02/2025 AO 28/05/2025 |
Horario: | MÉRCORES, DE 10:30 h A 12:00 h |
Nº prazas: | 12 |
Lugar: | CASA DA CULTURA |
Cota: | 15 € |