A partir de hoxe día 17 de marzo e ata o 30 de abril,  estará aberto o prazo de solicitudes de admisión para o curso escolar 2025/2026 na Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei.

Durante este período de tempo, os pais/nais ou titores dos menores que estean na actualidade matriculados na escola infantil deberán presentar a solicitude de reserva de praza, no caso de querer continuar na mesma no próximo curso.

Paralelamente, os pais/nais ou titores de menores que desexen acceder a este servizo no próximo curso escolar deberán presentar solicitude de inscrición.

Para ambos supostos  hai modelos normalizados que poden obterse na escola infantil, no Concello de Outeiro de Rei  e tamén descargarse dende esta nova e na web municipal,  dentro do banner de conciliación familiar (https://outeiroderei.gal/escola-infantil-municipal/).

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA NA EIM DE OUTEIRO DE REI, CURSO 2025/2026

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NA EIM DE OUTEIRO DE REI, CURSO 2025/2026