A instancia do Centro Integrado de Formación Profesional Politécnico de Lugo, difundimos a través desta nova  información sobre a oferta formativa de formación profesional dual.

A formación dual é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo (neste caso o CIFP Politécnico); o período de formación na empresa está remunerado e cotiza á Seguridade Social.

Actualmente, dentro desta modalidade formativa este centro ofrece dous ciclos medios, un de elaboración de productos alimentarios e outro de  coidados auxiliares de enfermaría + atención a persoas en situación de dependencia e un ciclo superior de automatización e robótica industrial. Todos eles contan cunha porcentaxe de inserción laboral alta.

Pódese acadar máis información no tfno.: 982 220 328, e na web www.politecnicolugo.org.

– Información sobre a FP Dual