San Tomé de Gaioso (San Tomé)
Parroquia do arciprestado de Narla e da diocese e provincia de Lugo. Delimitada polas parroquias de Santiago de Gaioso (NE), Candai (E e SE) e Vicinte (S) e polo concello de Begonte (N, O e NO) e de Friol (SO); presenta unha extensión de 3,1 km2 e dista 9,7 km da capital do municipio.
Presenta tres barrios:
Circulan polas súas terras os regos da Monte, da Lama, da Ribeira e de Dongrandio. Os seus principais accidentes xeográficos son o Monte Lourido (636 m), o Cordal de Porriño (629 m) e o Cordal do Penedo (579 m).
En canto aos vestixios histórico-arqueolóxicos, ao sur da parroquia hai un monte chamado As Medorras e no NO outro chamado Coto; ambos están relacionados con civilizacións e lendas de mouros. Concretamente, no primeiro podemos atopar varias mámoas e no segundo, un asentamento castrexo. Ademais é atravesada polo Camiño francés
Festividades:
Hai uns anos o último domingo de xullo celebrábase a festa da Virxe do Carme e antigamente festexábase tamén o San Blás.
Nesta parroquia celebrouse dende o ano 1999 e ata o ano 2010 a Festa da Malla cuxo acto central era a celebración dunha malla tradicional organizada polos veciños desta parroquia.