Francos (Santiago)

Parroquia do arciprestado de Narla e da diocese de Lugo. Linda coas parroquias de Santiago de Gaioso (N e NO), Caboi (E), Martul (SE), Aspai (S e SO), e Candai (O) e co concello de Begonte (NE); presenta unha extensión de 8,5 km2 e dista 6,5 km da capital do municipio.

Conta con 3 barrios:

  • Francos
  • Maunfe
  • Reboreda

Bañada polo río Ladra e os regos de Denlle, do Porto Pres, de Province, do Batán e da Ribeira. Entre os seus principais accidentes xeográficos está o Castelo do Ferreiro (502 m).

Sobre a súa antigüidade, xa no concilio lucense da época sueva, aparece mencionada a “villa de Francos” ao establecer os límites do condado de Sobrada; vila que sen dúbida se corresponde coa actual parroquia.

Igrexia Parroquial de Francos

Do seu patrimonio histórico-artístico destacar a súa igrexa parroquial, de orixe románica (aínda que desta primitiva construción só se conserva a ábsida), e un cruceiro sito en Reboreda (do ano 1838 ou 1858, a data non está clara). No barrio de Reboreda existe un monumento que se fixo hai máis de 50 anos sobre roca granítica na honra ao Sagrado Corazón. Por último, o Camiño francés atravesa esta parroquia.

Festividades:

Festa na honra a San Bieito a finais de setembro.