Servizo de atención temperá

Servizo de Atención Temperá para a agrupación de concellos de Outeiro de Rei , Castro de Rei e Cospeito

En Galicia, en 2013 creouse a Rede Galega de Atención Temperá, a través do Decreto 182/2013, do 5 de decembro.

As persoas destinatarias do servizo de atención temperá será a poboación infantil   de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento ou en situación de risco de padecelos,   residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, así como os seus familiares e ao seu contorno.

Polo tanto, a atención temperá ten como obxectivo principal dar resposta a estas posibles necesidades transitorias ou permanentes para facilitar o desenvolvemento da autonomía persoal e a inclusión social das persoas beneficiarias do programa (poboación infantil de 0 a 6 anos).

Todo isto abordarase mediante unha intervención biopsicosocial que favoreza a adquisición ou a recuperación de funcións ou habilidades  da poboación infantil destinataria.

Na actualidade conta cun equipo de tres profesionais: unha logopeda, unha terapeuta ocupacional e unha psicóloga que prestan servizo na Casa da Cultura de Outeiro de Rei. O horario de atención ao público é de luns a venres de 10:00 h a 14:00 h. A prestación do servizo de atención temperá realizase nun horario máis amplo.

Trátase dun servizo gratuíto da agrupación de concellos de Outeiro de Rei, Castro de Rei e Cospeito cofinanciado pola Unión Europea: Programa Operativo FSE Galicia 2021-2027.

MÁIS INFORMACIÓN

SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

para a agrupación de concellos de Outeiro de Rei, Castro de Rei e Cospeito

Casa da Cultura, 1º andar. Ctra. N-VI, s/n. 27150 Outeiro de Rei ( Lugo)

Tfno.: 982 393 408 e 638 823 134

E-mail: atenciontempera@concellodeouteiroderei.org

Concello de Outeiro de Rei
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.