Programa de ocio 2024-2025

ACTIVIDADES PARA PERSOAS MAIORES

Requisitos a ter en conta:

  • Ser maior de 60 anos e estar xubilado ou ser pensionista; igualmente poderán acceder ás actividades as persoas con 65 ou máis anos independentemente de que estean xubiladas ou non.
  • No caso de levar un/ha acompañante, este poderá inscribirse aínda que non cumpra o anterior requisito nas viaxes ou comidas que se celebren.
  • Estar empadroado/a no Concello de Outeiro de Rei.
  • As persoas perceptoras de pensións non contributivas para ter dereito á cota reducida terán que acreditar dita situación mediante certificado acreditativo que se pode solicitar no departamento de Servizos Sociais do Concello.
  • As prazas cubriranse por rigorosa orde de solicitude
  • As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades previstas terán que realizar a inscrición na CASA DA CULTURA de Outeiro de Rei nos seguintes prazos:
    • Para as actividades do ano 2024, do 9 de xullo ao 24 de xullo.
    • Para as actividades do ano 2025 o prazo de inscrición será o mesmo que se estableza para as actividades de inverno.
  • A celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas queda supeditada á demanda existente (que non poderá ser inferior ao 50% das prazas ofertadas na actividade, agás na actividade Coida os teus pés que non ten mínimo de demanda) ou a posibles imprevistos que poidan xurdir.

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 11/10/2024 NAS ACTIVIDADES MARCADAS CUN ASTERISCO *.

FÓRA DESTE PERÍODO CONSULTAR DISPOÑIBILIDADE DE PRAZAS.

XXX FESTA DOS XUBILADOS

Data celebración:VENRES, 05/07/2024
Lugar:CAMPO DE SANTA ISABEL
Cota:5 € (xubilados ou pensionistas)
30 € (acompañantes que non reúnan o requisito anterior)

COIDA OS TEUS PÉS

DataDO 04/09/2024 AO 30/07/2025
Horario:MÉRCORES, DE 09:20 h A 13:00 h
Nº prazas:12 (límite de pacientes por día)
Lugar:CENTRO MÉDICO DE OUTEIRO DE REI
Cota:3 € / CONSULTA (perceptores de pensións non contributivas)
5 € / CONSULTA (resto de usuarios)
10 €/CONSULTA (persoas non empadroadas en Outeiro de Rei, suxeito a dispoñibilidade de prazas)
Previa cita no tlfno.: 982 393 281
CONDICIÓNS DE USO DO SERVIZO COIDA TEUS PÉS

XIMNASIA PARA MAIORES

Duración:DO 10/09/2024 AO 15/05/2025
Horario:MARTES E XOVES, DE 10:15 h A 11:15 h
Nº prazas:20
Cota:5 € (perceptores de pensións non contributivas)
25 € (resto de usuarios)

CURSO BÁSICO DE MANEXO DO MÓBIL

Duración:ROBRA, 16 E 17/09/2024
OUTEIRO DE REI, 23 E 24/09/2024
CELA, 30/09/2024 E 01/10/2024
MATELA, 07 E 08/10/2024
Horario:LUNS E MARTES, DE 16:00 h A 18:30 h
N° prazas:12
LugarCENTROS CULTURAIS DE ROBRA, OUTEIRO DE REI, CELA E MATELA
Cota:GRATUÍTA

DE EXCURSIÓN A RIBADEO

Data celebración:DOMINGO, 22/09/2024
Horario:DE 09:30 h A 19:00 h
Nº prazas:40
Lugar saída:PRAZA DO CONCELLO
Cota:BUS GRATUITO

DE EXCURSIÓN AO CORPUS CHRISTI DE PONTEAREAS E MONDARIZ *

Data celebración:DOMINGO, 22/06/2025
Horario:DE 09:00 h A 20:00 h
Nº prazas:53
Lugar saída:PRAZA DO CONCELLO
Cota:BUS GRATUITO
Festa de Interese Turístico Internacional polas súas alfombras florais.

TALLER DE MEMORIA *

Duración:DO 05/02/2025 AO 28/05/2025
Horario:MÉRCORES, DE 10:30 h A 12:00 h
Nº prazas:12
Lugar:CASA DA CULTURA
Cota:15 €

Concello de Outeiro de Rei
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.