Escola infantil municipal

A Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei foi inaugurada o 14/09/2009 pola Conselleira de Educación, Beatriz Mato e polo alcalde do Concello de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao.

Área de actuación: INFANCIA
Tipoloxía: ESCOLA INFANTIL

Persoas usuarias: Nenos/as de 3 meses a 3 anos
Número de prazas: 93 prazas / 6 unidades

Distribución:
1 unidade de 0-1 (8 prazas)
1 unidade de 1-2 (13 prazas)
1 unidade de 0-3 (15 prazas)
3 unidades de 2-3 ( 20+17+20 prazas)

O cadro de persoal do centro está formado por unha directora, unha técnica de apoio, sete educadoras e o psx (persoal de limpeza).

O centro está situado na urbanización Santa Isabel, nas proximidades do espazo natural do Campo de Santa Isabel; ten unha superficie de 780 m2 e está dotado con seis aulas, unha aula de usos múltiples, dous patios de xogo (un deles cuberto), zona de descanso, cociña, comedor e baños.

Conta cunha infraestrutura adaptada para os/as nenos/as de preescolar: todas as aulas teñen luz natural, ventilación, elementos de seguridade e están acondicionadas co material educativo necesario para a estimulación das aptitudes e desenvolvemento dos nenos/as, todo baixo a atenta supervisión das traballadoras do centro.

A Escola Infantil permanece aberta durante todo o ano e funciona de luns a venres en horario de 8:00h a 20:00h.

INSCRICIÓNS

O prazo para solicitar praza na EIM de Outeiro de Rei para o Curso 2025/2026 está aberto do 15/03/2025 ao 30/04/2026 (ambos días inclusive); as solicitudes serán realizadas no modelo normalizado establecido a tal efecto acompañadas da documentación precisa.

MÁIS INFORMACIÓN

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE OUTEIRO DE REI

TELÉF.: 982 393 009

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

TELÉF.: 982 393 281

Concello de Outeiro de Rei
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.