Poboación e poboamento

A poboación do municipio de Outeiro de Rei é, de acordo á última rectificación do censo de poboación da que temos datos desagregados efectuada polo Instituto Nacional de Estatística (INE) no ano 2024, de 5367 habitantes (2750 homes e 2617 mulleres). Esta poboación distribúese nas 173 aldeas que forman as 27 parroquias do concello.

PARROQUIASNº ENTIDADESEXTENSIÓN KM²POBOACIÓN NO 2024DENSIDADE
HOMESMULLERESTOTAL
SAN CLODIO DE AGUIAR (SAN CLODIO)21,915193417,89
SAN LOURENZO DE AGUIAR (SAN LOURENZO)44,348449221,40
ARCOS (SAN PEDRO)62,538367429,60
ASPAI (SAN CIBRAO)56,944448812,75
BONXE (SAN MAMEDE)96,211312724038,71
CABOI (SAN MARTIÑO)42,5566011646,40
CANDAI (SAN VICENTE)86,235286310,16
CASTELO DE REI (SAN SALVADOR)31,935296433,68
CELA (SANTA MARÍA)105,613513627148,39
FOLGUEIRA (SAN NICOLÁS)44,32019394,59
FRANCOS (SANTIAGO)38,528336116,94
SANTIAGO DE GAIOSO (SANTIAGO)63,6847315750,65
SAN TOMÉ DE GAIOSO (SAN TOMÉ)33,1116173,95
GUILLAR (SAN MARTIÑO)124,36015711172234,40
MARTUL (SAN PEDRO)2536377319,73
MATELA (SANTA MARÍA MADANELA)53,7989018823,21
MOSTEIRO (SAN SALVADOR)108,111310621968,44
OUTEIRO DE REI (SAN XOÁN)63,2382385767111,16
PARADA (SAN XOÁN)76,949429110,46
SAN FIZ DE PAZ (SAN PEDRO FIZ)128,7867315923,04
ROBRA (SAN PEDRO FIZ)116,9208201409163,60
SANTA MARIÑA (SANTA MARÍA)52,545438820,47
SILVARREI (SAN XOÁN)55,620018838869,29
SOBRADA DE AGUIAR (SANTA MARÍA MADANELA)85746513927,80
TABOI (SAN PEDRO)93,737357219,46
VICINTE (SANTA MARÍA)710,2695512412,16
VILELA (SANTIAGO)74,3907216237,67
TOTAL173135,627502617536739,58

Outeiro de Rei presenta un hábitat rural diseminado, cunha densidade media de 39,58 hab./ km², cun total de 173 núcleos de poboación repartidos en 27 parroquias. As parroquias máis poboadas son son San Martiño de Guillar (1172 habitantes) e Outeiro de Rei (767 habitantes), sendo as dúas únicas parroquias que teñen núcleos con certo carácter urbano; a primeira debido ao establecemento de residencias pola súa proximidade coa capital provincial, Lugo, e a segunda por mor da súa condición de capitalidade municipal que comporta unha importante concentración de servizos.

Distribución de efectivos demográficos por entidades de poboación

A seguinte táboa permite ver a distribución dos efectivos demográficos  do municipio nas diferentes entidades de poboación  de Outeiro de Rei.

PARROQUIASENTIDADESHOMESMULLERESTOTAL
SAN CLODIO DE AGUIAR (SAN CLODIO)A Balsa325
San Clodio121729
Nº total habitantes151934
SAN LOURENZO DE AGUIAR (SAN LOURENZO)O Couto302656
O Picato101
Redondiña151429
Saa246
Nº total habitantes484492
ARCOS(SAN PEDRO)Bullas121325
A Cabana268
O Cruceiro111122
O Pecouzo213
A Torre10414
O Bidral112
Nº total habitantes383674
ASPAI (SAN CIBRAO)Aspai262551
O Carballal448
A Laxe101
Province91019
Sta. Comba459
Nº total habitantes444488
BONXE (SAN MAMEDE)Bouzas111425
Caxigal161834
Eirexe8816
Restriz5510
A Subida91120
Veiga434386
Vigo9514
O Granxo41014
As Lombas81321
Nº total habitantes113127240
CABOI (SAN MARTIÑO)Astariz343872
Caboi347
Fontela111526
O Mato8311
Nº total habitantes5660116
CANDAI (SAN VICENTE)Candai de Abaixo448
Candai de Arriba224
Currás358
Lavadoiro213
Mangoeiro112
As Penas6410
Piñeiro7411
Susavila10717
Nº total habitantes352863
CASTELO DE REI (SAN SALVADOR)Castelo212445
As Reboleiras12416
Bieite213
Nº total habitantes352964
CELA (SANTA MARÍA)A Casanova303
Fompedriña121628
Formistán71118
As Hortas111728
Meidonín241943
Quintián12719
O Regueiro415
Trabanca111526
Veiguicela282250
Ver232851
Nº total habitantes135136271
FOLGUEIRA (SAN NICOLÁS)Barrio de Abaixo347
Barrio de Arriba11718
Espiñeiro5510
O Pozo134
Nº total habitantes201939
FRANCOS (SANTIAGO)Francos121729
Maúnfe13922
Reboreda3710
Nº total habitantes283361
SANTIAGO DE GAIOSO (SANTIAGO)A Feira161935
Eirexa201333
Lama10717
Longarela111021
A Ponte628
Xueus212243
Nº total habitantes8473157
SANTO TOMÉ DE GAIOSO (SAN TOMÉ)Algar426
Cachopeiro224
San Tomé527
Nº total habitantes11617
GUILLAR (SAN MARTIÑO)Buxán322961
O Castro293261
Guillar202040
Matelos141327
San Martiño17825
Marcelle251641
O Salete192039
Os Alargos403474
Cupeiro211738
A Ponte Nova11617
Urbanización Os Alargos217224441
Urbanización O Salete156152308
Nº total habitantes6015711172
MARTUL (SAN PEDRO)Cartel8412
Martul283361
Nº total habitantes363773
MATELA (SANTA MARÍA MADANELA)Albarón222042
Malde4711
Matela403575
A Granda Pequena448
As Rozas282452
Nº total habitantes9890188
MOSTEIRO (SAN SALVADOR)Carballido9817
Couso11718
Felmil538
Ferreira161228
O Granxo9514
O Hedrado336
Maceda415293
Outón141125
Casa do Monte246
Carballido de Arriba314
Nº total habitantes113106219
OUTEIRO DE REI (SAN XOÁN)Barciela13720
Outeiro de Rei158150308
Santa Isabel110125235
Cantón7166137
A Palloza303767
Nº total habitantes382385767
PARADA (SAN XOÁN)Gondai151530
As Latas000
Parada9817
O Pazo161329
San Paio101
Seivane7512
Pascuais112
Nº total habitantes494291
SAN FIZ DE PAZ (SAN PEDRO FIZ)Abeladoira235
Agüeiros123
O Castro6511
Liñares123
Montemaior336
Paz13922
Penadedra151833
Porto do Vao415
Riasco6511
Vilar191332
Guimarás112
Xunto da Igrexa151126
Nº total habitantes8673159
ROBRA (SAN PEDRO FIZ)Alvite151429
Brandián123
Francos231841
Penelas126127253
Piago000
Robra171633
Barciela000
A Corredoira10919
A Franca141327
Leiros Largos000
As Pontellas224
Nº total habitantes208201409
SANTA MARIÑA (SANTA MARÍA)Felpás13720
O Pedragoso101
Santa Mariña151934
Sinoga131225
Guimarei358
Nº total habitantes454388
SILVARREI (SAN XOÁN)Cabanas134
Constante7176147
Pape5743100
Silvarrei7166137
Leiros Largos000
Nº total habitantes200188388
SOBRADA DE AGUIAR (SANTA MARÍA MADANELA)Cancela6410
A Carreira Vella121224
Curutín171128
Gabin246
Faxilde81321
Laxe12921
Piñeiro11718
A Torre6511
Nº total habitantes7465139
TABOI (SAN PEDRO)Fontela224
Fraíz134
Xigán628
Pacio347
O Pasadoiro448
O Pereiro101020
A Peroxa6410
Transfonte336
San Marcos235
Nº total habitantes373572
VICINTE (SANTA MARÍA)Bravos201535
Bustelo10717
As Carballeiras141327
A Insua224
Sancroio224
Vicinte171532
Vilarelle415
Nº total habitantes6955124
VILELA (SANTIAGO)As Cavadas151732
A Laciana8412
A Saleta111627
Veigadolga134
Vilela Grande7310
Vilela Pequena442670
O Fin437
Nº total habitantes9072162
TOTAL HABITANTES DO MUNICIPIO DE OUTEIRO DE REI5367

Evolución da poboación de feito (1887 – 2024)

A evolución demográfica de Outeiro de Rei ao longo do século XX obtémola a través dos padróns de habitantes (Arquivo Municipal) e doutras fontes bibliográficas que nos permiten observar dúas etapas claramente diferenciadas. Por unha parte, ata 1930, un crecemento practicamente constante da poboación, pero a partir de entón a tendencia demográfica vólvese negativa, ata o ano 1996, a partir do cal se experimenta un incremento practicamente constante de poboación.

1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 1996 2001
5571 5903 5851 5829 6255 6037 5795 6031 5097 5108 4135 4115 4320

 

2006 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
4695 5004 5046 5098 5083 5068 5043 5063 5093 5151 5210 5216 5296 5359 5367

Fonte: Instituto Nacional de Estatística

As causas do descenso demográfico, a partir dos anos 30 do século pasado, débense a dous factores fundamentalmente: por unha parte ao crecemento vexetativo negativo durante estes anos, ao coincidir unhas taxas de natalidade máis baixas que as de mortalidade.
E, por outra banda, ao fenómeno da migración, especialmente incidente a partir dos anos 50, e do proceso da industrialización que xerou unha importante demanda de man de obra. Así atopamos nestes anos centrais do século XX a saída de veciños do municipio en busca de traballo. Nun primeiro momento fundamentalmente cara a América Latina, máis tarde rumbo a Centroeuropa e nos últimos tempos, cara ás cidades máis importantes de Galicia, este fenómeno migratorio diminuíu notablemente nos últimos anos do século XX e primeiros do século XXI.

Como remate deste capítulo, sinalar que esta tendencia negativa estancouse ao entrar no novo século. Así, se analizamos a evolución demográfica a partir do Padrón do ano 1996, observamos un paulatino crecemento da poboación, feito que contrasta coa evolución da maioría dos municipios, e non só desta provincia, que seguen a perder efectivos demográficos.
Isto pódese explicar en primeiro lugar polo xa mencionado descenso do fenómeno migratorio ao que debemos engadir a presenza de inmigrantes no concello (desta e doutras provincias de España, así como do estranxeiro), sen esquecer o cambio de mentalidade da poboación, xurdindo un novo gusto pola tranquilidade do mundo rural fronte ao urbano, sen renunciar ás comodidades que este último ofrece, sendo Outeiro de Rei un municipio onde se están asentando moitas familias que buscan calidade de vida nas proximidades á cidade de Lugo.

Concello de Outeiro de Rei
Revisión de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarlle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo para comprender que seccións do sitio web resúltanlle máis interesantes e útiles.

Para máis información consulte Política de cookies.