Actividades Tempada 2025-2026
ACTIVIDADES PARA PERSOAS MAIORES
Requisitos a ter en conta:
- Ser maior de 60 anos e estar xubilado ou ser pensionista; igualmente poderán acceder ás actividades as persoas con 65 ou máis anos independentemente de que estean xubiladas ou non.
- No caso de levar un/ha acompañante, este poderá inscribirse aínda que non cumpra o anterior requisito nas viaxes ou comidas que se celebren.
- Estar empadroado/a no Concello de Outeiro de Rei.
- As persoas perceptoras de pensións non contributivas para ter dereito á cota reducida terán que acreditar dita situación mediante certificado acreditativo que se pode solicitar no departamento de Servizos Sociais do Concello.
- As prazas cubriranse por rigorosa orde de solicitude.
- As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades previstas terán que realizar a inscrición na CASA DA CULTURA de Outeiro de Rei nos seguintes prazos:
-
- Para as actividades do ano 2025, do 8 de xullo ao 24 de xullo.
- Para as actividades do ano 2026 o prazo de inscrición será o mesmo que se estableza para as actividades de inverno.
- A celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas queda supeditada á demanda existente (que non poderá ser inferior ao 50% das prazas ofertadas na actividade, agás na actividade Coida os teus pés que non ten mínimo de demanda) ou a posibles imprevistos que poidan xurdir.
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 10/10/2025 NAS ACTIVIDADES MARCADAS CUN ASTERISCO *.
FÓRA DESTE PERÍODO CONSULTAR DISPOÑIBILIDADE DE PRAZAS.
TALLER DE MEMORIA* |
|
|---|---|
| Data celebración: | DO 4 DE FEBREIRO AO 27 DE MAIO |
| Horario: | MÉRCORES, DE 10:30 h A 12:00 h |
| Nº prazas: | 12 |
| Lugar: | CENTRO CULTURAL DE OUTEIRO DE REI |
| Cota: | 15 € |
DE EXCURSIÓN A OVIEDO* |
|
| Data: | DOMINGO, 21/05/2026 |
| Horario: | DE 8:15 h A 20:00 h |
| Nº prazas: | 53 |
| Lugar: | PRAZA DO CONCELLO |
| Cota: | BUS GRATUÍTO |
COIDA OS TEUS PÉS |
|
| Data | Do 03/09/2025 ao 29/07/2026 |
| Horario: | MÉRCORES, de 09:20 h A 13:00 h |
| Nº prazas: | 12 (límite de pacientes por día) |
| Lugar: | Centro médico de Outeiro de Rei |
| Cota: | 3 €/consulta (perceptores de pensións non contributivas) |
| 5 €/consulta (resto de usuarios) | |
| 10 €/consulta (persoas non empadroadas en Outeiro de Rei, suxeito a dispoñibilidade de prazas) | |
| Previa cita no tlfno.: 982 393 281 | |
| CONDICIÓNS DE USO DO SERVIZO COIDA TEUS PÉS | |

