Informámosvos que a Xunta de Galicia ven de poñer en marcha o Programa Coidados Porta a Porta, levando servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria a diferentes localidades.
As persoas maiores de 55 anos do Concello de Outeiro de Rei que desexen recibir algún destes servizos poderán solicitar cita para os días 17-20-21 de novembro 2023, de 9:00 a 20:00 horas, e recibir o servizo/s solicitado/s na unidade móbil que se situará na Nacional VI, ao lado do PAC e do Soborvila.
É necesario pedir cita previa nos seguintes teléfonos: 622 748 283 – 623 546 992 ou no correo: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal