O Concello de Outeiro de Rei retoma, tras dous anos sen habela, a tradicional FESTA DOS XUBILADOS que terá lugar o venres día 1 de xullo na área recreativa do Campo de Santa Isabel (Outeiro de Rei); a misa solemne terá lugar ás 13:30 horas.
A festa estará amenizada polo dúo Adrianos e polo grupo de cantos de taberna Son Outeiro.
Todas as persoas con dereito a participar na devandita festa, é dicir, xubilados/as empadroados/as neste concello, deberán apuntarse nas oficinas da Casa da Cultura (xunto ao Colexio) en horario de 10:00 h a 14:30 h ou tamén poden facelo dando os seus datos ao alcalde de barrio da súa parroquia antes do día 25 de xuño e pagando os 5 € que custa a invitación. Para inscribirse hai que dar nome e apelidos e achegar o DNI ou xustificante de que é pensionista se non ten os 65 anos.
As persoas que acudan como acompañantes e non estean xubiladas deberán aboar 20 € para obter a súa invitación..
O prazo para recoller as invitacións, tanto na Casa da Cultura como a través dos alcaldes de barrio permanecerá aberto dende o luns día 13 ata o 24 de xuño,
Todas as persoas que asistan á festa deberán ir provistas dunha invitación.