O próximo 24 de outubro está previsto que se celebre na Casa da Cultura de Outeiro de Rei unha xornada sobre ciberseguridade industrial en horario de 09:30 a 12:00 h.
Nesta xornada, destinada especialmente ás empresas independentemente do seu tamaño, aprenderase como protexer os datos e os equipos, evitar secuestros de datos, mellorar os sistemas antivirus e identificar puntos vulnerables no entorno dixital.
Para asistir é preciso anotarse a través do correo electrónico: lugo@acelerapyme.asime.es
Máis información: https://acelerapyme.asime.es/lugo/evento/proyecto-demostrativo-ciberseguridad-y-seguridad-industrial-con-inycom-outeiro-de-rei/