O  próximo día 21 de outubro de 2023 terá lugar na Casa da Cultura de Outeiro de Rei a partir das 10:30 h  unha xornada co título Importancia da fariña de castañas na alimentación animal organizada pola empresa CampoLab que contará coa presencia de dúas importantes investigadoras na materia, Noemí Echegaray Suárez e María Begoña de la Roza Delgado que xunto co enxeñeiro da empresa organizadora,  Pablo Antonio Fraga Gontán,  falarán dos beneficios e das oportunidades que ofrece a castaña para deseñar produtos alimenticios que sexan interesantes para empresas de alimentación e paralelamente, revalorizar subprodutos da transformación da castaña mediante economía circular.

A iniciativa de organizar esta xornada, que conta co apoio do Concello, parte da empresa CampoLab, empresa radicada no Viveiro Industrial de Outeiro de Rei que persegue a revalorización e recuperación dos soutos antigos, así como promover novas plantacións, a través do deseño de produtos alimenticios con base de castaña.

Calquera persoa interesada no tema pode asistir á xornada non sendo preciso inscribirse a tal efecto.

 

Cartel: a importancia da fariña de castañas na nutrición animal