O Concello de Outeiro de Rei acolle o vindeiro 13 de marzo  unha XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS, unha actividade de conciliación co fin de fomentar o coñecemento e goce do xogo tradicional na que os nenos e nenas poderán descubrir, xogar e experimentar con xogos como a rá, a chave, o alquerque, a ferradura, o zurriagazo ou a malla entre moitos outros.

Esta actividade terá lugar o LUNS 13 DE MARZO no PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES de 16:00 h a 18:00 h. Está dirixida a nenos e nenas de 3 a 16 anos e a inscrición estará aberta ata cubrir as prazas dispoñibles.

A actividade é gratuíta; para asistir é preciso anotarse a través do código QR que aparece no cartel anunciador ou na páxina web corresponsables.usc.gal, onde tamén poderán obter máis información. O PRAZO DE INSCRICIÓN ESTARÁ ABERTO ATA O 13 DE MARZO ás 15:00 h.

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS EN OUTEIRO DE REI