O Concello de Outeiro de Rei organiza o X CONCURSO DE POSTAIS NADAL 2025 para rapaces e rapazas empadroados neste municipio ou matriculados no Colexio Público Laverde Ruíz.
Poderán participar todos os escolares de Educación Primaria segundo as seguintes categorías:
CATEGORÍA I: de 1º a 3º de E. Primaria
CATEGORÍA II: de 4º a 6º de E. Primaria
O tema da tarxeta terá que estar relacionado co Nadal e valorarase a imaxinación, orixinalidade, colorido e calidade da execución, con atención á idade dos nenos e nenas concursantes.
O formato da tarxeta será de 15 x 21 cm. (medio folio) e poderá realizarse tanto en sentido horizontal como vertical.
Poderanse presentar ata un máximo de 2 traballos por neno/a.
O prazo de presentación dos traballos permanecerá aberto do 5 ao 20 de novembro e deberán entregarse nas oficinas da Casa da Cultura ou a conserxe do Colexio.

