Vilela (Santiago)
Parroquia do arciprestado de Aguiar, provincia e diocese de Lugo. Delimitada polas parroquias de Castelo (N e NO), Sobrada (E), San Lourenzo de Aguiar (SE e S), Matela (SO), Folgueira (O) e polo concello de Castro de Rei (NE); presenta unha extensión de 4,3 km2 e dista 4,2 km da capital do municipio.
Consta de 7 aldeas:
Dependente da súa xurisdición o anexo Salvador de Castelo; está bañada polos regos da Carballosa e dos Fornos e alcanza unha altitude máxima de 400 m.
Ademais da igrexa parroquial de Vilela, na cal podemos atopar tallas populares do s. XVI e XIX, podemos destacar a presenza de dous cruceiros de recente creación; un en Vilela Pequena (1945) e outro en Vilela Grande, feito polo escultor Mallo en 1982.
Festividades:
O primeiro domingo de maio (entre o 4 e o 11) celébrase o San Isidro.
Antigamente festexábase tamén no día de Santiago, o Santiago Apóstolo.