A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, puxo a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.
Este venres 28/04/2022 ás 12.30 celebrarase a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre COMO RECLAMAR EMPREGANDO O ASISTENTE DE RECLAMACIÓNS DE CONSUMO.
Toda aquela persoa que desexe participar unicamente ten que acceder os venres ás 12.30 h.
Para participar:
- Entre na web do IGCC:
https://consumo.xunta.gal/gl - Pinche na foto que ve na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO.
- Verá que está na aula de VIDEOCONFERENCIA; prema na ligazón para acceder á mesma.
OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en “Únase desde el navegador”. - UNIRSE Á REUNIÓN.
Escola Galega do Consumo
Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo
15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 091