Unha unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) desprazarase ata OUTEIRO DE REI este xoves día 8 de outubro e estará situada en horario de 18:30 h a 21:00 h ao carón do PAC (antigo Centro de Saúde).

Para evitar esperas recomendase pedir cita previa para doar no tfno. 900 100 828 e manter, cando se vaia a doar, unha distancia de seguridade mínima dun metro de separación nas zonas de espera.

Dende ADOS agradecen a constante colaboración da cidadanía, vital para tratar de acadar as 500 doazóns de sangue que o SERGAS precisa cada día para axudar a centos de enfermos.