Ruta Arqueolóxica de O Acevedo

Esta ruta empeza na aldea de Martul, xunto a igrexa. Neste punto poderemos atopar uns paneis informativos da ruta.

A ruta permite un percorrido pechado por un conxunto tumular moi representativo do concello de Outeiro de Rei.

Ao longo do percorrido non só imos poder ver a necrópole megalítica de O Acevedo, que da nome á ruta, se non que tamén nos atoparemos distintas medorras, túmulos e petróglifos, a maior parte catalogados e mesmo dous deles, a Medorra 1 de Acevedo e o Petróglifo de Pena Serrada, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC).

RUTA ARQUEOLÓXICA DE O ACEVEDO

Dende o inicio, unha vez atravesada a bonita aldea de Martul, iremos atopando, entre outros, os seguintes recursos arqueolóxicos:

  • O dolmen de Pena Dereita
  • Os túmulos de Roza das Presas e as medorras de Acevedo 6 e 7 (sen camiño de acceso pero fáciles de visitar)
  • A medorra de Acevedo 8 (para visitala hai que desviarse algo do camiño principal)

Chegaremos a aldea de Province con casas tradicionais e unha pequena fonte e continuando no discorrer da ruta poderemos acceder a:

  • Dolmen do Pico das Mallas
  • Túmulos de Province
  • Gravado de Galva (a 300 m dos anteriores), fito territorial de separación de montes en man común
  • Túmulo de Jolfa 1 e os petróglifos de Pena Serrada nun gran afloramento rochoso
  • Túmulo de Pena Serrada
  • Túmulos de Pascuais (moi alterados pola acción humana, especialmente por repoboacións forestais)
  • Medorras de Acevedo 1 y 2, (a medorra 1 conserva un gravado na cara interior dun dos seus ortostatos)
  • Medorra de Acevedo 3
  • Túmulos dos Carrís (o número 4 conserva na súa cara exterior un gravado aínda que moi erosionado)

Dende este último punto, iniciaremos o descenso ao río chegando á Ponte Colgante de Parada, espazo moi agradable a carón do río Miño; desde aquí ascenderemos por estrada cara ao punto de partida en Martul.

Datos de interese

Localización: A ruta discorre integramente polo concello de Outeiro de Rei (parroquias de Martul, Aspai e Parada).
Accesos: Ata Outeiro de Rei pola A‐6 ou N‐VI, dende Outeiro coller a estrada local dirección Robra, cruzamos a ponte do Piago e chegamos a Martul.
Lonxitude: 10 km.
Trazado: circular (sinalizado).
Punto partida / chegada: Martul.
Dificultade: Media.
Duración estimada: 2h 30 min. (Sen contar paradas).