Cartel Torneo Ximnasia Rítmica 2026O Concello de Outeiro de Rei  acollerá  o  sábado 25 de abril o TORNEO TERRA CHÁ  das Escolas Deportivas Municipais de Ximnasia Rítmica, que reunirá un total de 194 rapazas de 7 escolas municipais da provincia de Lugo (Outeiro de Rei, Guitiriz, Vilalba, Begonte, Rábade, Castro de Rei e Cospeito).

As participantes competirán en 8 categorías diferentes demostrando o alto nivel da provincia nesta disciplina.

O torneo dará comezo ás 11:00 h no Pavillón Municipal de Deportes de Outeiro de Rei e está aberto ao público en xeral.