Taboi (San Pedro)

Parroquia do arciprestado de Terra Chá e diocese de Mondoñedo – Ferrol. Delimitada polas parroquias de Castelo (E e SE), Folgueira (S); Cela (SO e O) e polos concellos de Cospeito (N e NO) e de Castro de Rei (NE); presenta unha extensión de 3,7 km2 e dista 6,8 km da capital do municipio.

Esta parroquia consta de 9 barrios:

  • Fontela
  • Fraíz
  • Xigán
  • Pacio
  • O Pasadoiro
  • O Pereiro
  • A Peroxa
  • Transfonte
  • San Marcos

Regan as súas terras o río Miño e o rego de Lamafría, alcanzando a súa máxima altitude no monte Rozas do Cruceiro (400 m).

Destacar a presenza no seu termo do Pazo de Guevara, con capela barroca e pombal (construción anterior ao s. XVII); así como do Pazo -torre de Taboi, primitivo solar dos Saavedra, composto por varias casas, entre elas a Casa de Bordón e a Casa do Pacio. Deste último conxunto na actualidade só quedan os escudos de armas que estaban inseridos nas fachadas das dúas casas xa mencionadas, sitos agora na fachada da Casa de Bordón e a Torre de Taboi.

Festividades:

Antigamente celebrábase unha festa na honra a San Pedro o 29 de xuño.

Concello de Outeiro de Rei
Revisión de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarlle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo para comprender que seccións do sitio web resúltanlle máis interesantes e útiles.

Para máis información consulte Política de cookies.