A Xunta de Goberno Local e a Comisión municipal de seguemento da Covid- 19 do Concello de Outeiro de Rei acordaron a suspensión da Feira da Artesanía de Outeiro de Rei prevista para o día 4 de xullo.

A situación actual, derivada da crise sanitaria ocasionada pola Covid-19, impide que se poida celebrar con normalidade un evento que atrae á vila a multitude de persoas polo que nun exercicio de responsabilidade, o goberno local trata de evitar as aglomeracións ou actos que poidan producilas.

Non é unha decisión fácil e seguramente supón un esforzo para tod@s, para as persoas que virían a gozar da feira pero, quizá moito máis, para aquelas outras que virían a traballar na feira; tamén para o propio Concello de Outeiro de Rei que espera que a feira volva a celebrarse o próximo ano.