Ao abeiro da Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, do 13 de agosto de 2025, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración coas entidades locais, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027, o Concello de Outeiro de Rei  recibiu unha subvención que permitiu a recente contratación a xornada completa durante un período de nove meses  dun monitor de actividades recreativas e de entretemento.

Esta persoa prestará apoio en diferentes servizos municipais, ademais de  programar e executar actividades recreativas e de entretemento, co obxectivo de proporcionarlle  unha experiencia e práctica profesional que lle facilite a súa posterior inserción laboral, mellorando a empregabilidade deste colectivo.