Co obxectivo de complementar o bando recentemente publicado e de aportar o documento necesario para tramitar a solicitude, dende o Concello de Rei informamos:

A Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, achéganos o novo modelo de solicitude de tratamento contra o cancro do castiñeiro (Cryphonectria parasitica), no cal deberán realizarse todas as peticións de aplicación do inóculo.

Co obxecto de mellorar a eficiencia dos tratamentos, nas solicitudes deberá constar, necesariamente, a seguinte información:

– Datos de contacto do solicitante: Nome; apelidos; DNI e número de teléfono.
– Datos da parcela para a que se solicita o tratamento: Provincia; concello; polígono e parcela.

As peticións de aplicación do inóculo, así como as achegas ou solicitudes de calquera aclaración, deberán dirixirse ao seguinte enderezo electrónico: sanidadeforestal.cmrm@xunta.es ou nos números de teléfono: 981 546 051 e 881 997 210.
Igualmente, infórmase que os datos persoais que consten na comunicación vanse a incorporar a un ficheiro automatizado, propiedade da Xunta de Galicia, cuxo tratamento é responsabilidade da Consellería do Medio Rural.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

– Descargar solicitude