Sobrada de Aguiar (Santa María Madanela)

Parroquia pertencente ao arciprestado de Terra Chá, diocese de Mondoñedo – Ferrol, provincia de Lugo. Delimitada polas parroquias de Arcos (NE, E, SE, e S), San Lourenzo de Aguiar (SO), Vilela (O e NO) e polo concello de Castro de Rei (N); presenta unha extensión de 5 km2 e dista 7,1 km da capital do municipio.

Esta parroquia consta de 8 barrios:

  • Cancela
  • A Carreira Vella
  • Curutín
  • Gabín
  • Faxilde
  • Laxe
  • Piñeiro
  • A Torre

Bañada polos regos de Bullas, Madeiro, das Veigas de San Lourenzo e do Corvo, alcanza unha altitude máxima de 420 m.

Entre os vestixios históricos localizados no seu termo compre resaltar un castro coñecido polos veciños como O Castro de Riazás está situado nunha finca de propiedade privada; de acordo a tradición popular uníase á famosa Torre de Sobrada, a través dunha galería subterránea. Esta torre, derrubada polos irmandiños no 1467, foi construída no século XV por Fernán Pérez de Ribadeneira sobre unha edificación anterior nunha ladeira que domina Castro Ribeiras de Lea e Aguiar. A uns metros da mesma atópase a Casa señorial de Sobrada con escudo cuartelado con armas de Andrade, Aguiar e Ribadeneira (hoxe no Museo Provincial de Lugo).

Escudo Casa Torre de Sobrada

Festividades:

Festa na honra a Santa María Madanela que se celebra o domingo máis próximo ao 22 de xullo.

Concello de Outeiro de Rei
Revisión de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarlle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo para comprender que seccións do sitio web resúltanlle máis interesantes e útiles.

Para máis información consulte Política de cookies.