SESIÓN INFORMATIVA A ADMINISTRACIÓN CERCA DE TI

O mércores día 18 de xaneiro de 2023 está previsto que se celebre ás 12:45 h no Salón de Plenos do Concello de Outeiro de Rei a sesión informativa A ADMINISTRACIÓN CERCA DE TI.

Nesta sesión persoal técnico da Subdelegación do Goberno de Lugo  ofrecerá de forma gratuíta asesoramento nos trámites e xestións dixitais máis cotiás, resolverán dúbidas e axudarán a obter a todas as persoas interesadas o certificado dixital e Cl@ve permanente sendo preciso para estes últimos casos ir provistos do DNI e ter acceso dende o  móbil a unha conta de correo electrónico.

Un dos obxectivos principais desta sesión é facilitar á cidadanía a obtención dos citados medios (certificado dixital e Cl@ve permanente) para poder relacionarse electrónicamente coas Administracións Públicas.
 
MÁIS INFORMACIÓN: SESIÓN INFORMATIVA A ADMINISTRACIÓN CERCA DE TI