O Concello de Outeiro de Rei levou a cabo durante o mes de xullo o seguimento porta a porta aos participantes na campaña municipal de compostaxe domiciliario co obxectivo de contribuír a que as persoas beneficiarias desenvolvesen correctamente esta técnica, tivesen a oportunidade de resolver dúbidas e recibisen o oportuno asesoramento por parte de persoal técnico especialista na materia.
A campaña na que participaron 50 veciños e veciñas do municipio que recibiron de balde os correspondentes medios materiais para a elaboración de compost, levouse a cabo en colaboración con la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (procedemento MT975P).