Santa Mariña (Santa María)
Parroquia pertencente ao arciprestado de Aguiar e á diocese de Lugo. Delimitada polas parroquias de Cela (N e NE), Matela (E e SE) e San Xoán de Outeiro de Rei (S e SO) e polo concello de Rábade (O e NO); presenta unha extensión de 2,5 km2 e dista 1,2 km da capital do municipio.
A súa poboación distribúese nos seguintes 5 barrios:
Bañada polo río Miño e os regos Merlán, do Pedragoso e de Abaixo atravesan as súas terras a liña férrea Palencia – A Coruña e o Camiño Real.
Destacar a importante concentración de mámoas que presenta o monte de Santa Mariña (14/15) así como as catro casas señoriais que atopamos no seu termo: A Casa do Rei, con escudo de armas e pombal; a casa de Garrido, a casa de Abelleira e o Pazo de Mirapeixe; este último un dos máis antigos de Galicia, e orixe dun dos máis prestixiosos liñaxes lucenses: os Gayoso.
Dentro do seu patrimonio histórico-artístico podemos incluír tamén o achado dunha ara celta en Sinoga, así como a existencia dunha ponte sobre o Miño, construída no século XVIII sobre outra de orixe medieval.
Esta parroquia, e tamén a de Cela, e recorrida en parte pola ruta As Insuas do Miño, ruta que ao pé do río Miño percorre terras dos municipios de Rábade e Outeiro de Rei; de fácil percorrido e apenas 3 km de lonxitude, atravesa a Insua de Abaixo que situada na parroquia de Cela forma, xunto coa Insua de San Roque e a Insua de Trabanca, as chamadas Insuas do Miño. Todas estas insuas atópanse na conca alta do río Miño, que no ano 2002 foi declarada pola UNESCO como Reserva da Biosfera Terras do Miño.
Festividades:
Festa na honra á Santa Mariña, celebrase o segundo domingo de xullo.
Antigamente o domingo seguinte ao 19 de San Xosé, celebrábase unha festa na honra ao citado Santo.