San Fiz de Paz (San Pedro Fiz)

Parroquia do arciprestado de Aguiar e diocese de Lugo. Linda coa parroquia de Arcos (N), San Clodio de Aguiar (SO), Mosteiro (O e NO) e cos concellos de Castro de Rei (NE) e de Lugo (E, SE e S); presenta unha extensión de 8,7 km2, por ela circulan os regos Moreiras, Porto do Vao e das Cortiñas, e alcanza unha altitude máxima de 510 m. Dista 10,2 km da capital do municipio.

Atópase dividida en 12 barrios:

  • A Casanova
  • Fompedriña
  • Formistán
  • As Hortas
  • Meidonín
  • Penadedra
  • Porto de Vao
  • Riasco
  • Vilar
  • Guimarás
  • Xunto da Igrexa

Antigamente estivo baixo a xurisdición de Castro de Rei. Conta entre os seus vestixios históricos con dous castros: O Castedo e o Castro de Montemaior, así como cunha capela chamada da Natividade en Penadedra a cal aparece xunto a un peto de ánimas e unha cruz de pedra.

De acordo á bibliografía consultada tamén debemos citar unha cámara sepulcral soterrada cun corredor de acceso rodeado de grandes pedras, hoxe desaparecida.

Festividades:

Durante o mes de xuño (un domingo entorno ao día 13) hai misas durante toda a mañá na honra da Virxe de Fátima.
O primeiro sábado de setembro celébrase o San Antonio, sempre en vésperas da festa na honra á Virxe do Carme.
O domingo seguinte ao 8 de setembro festéxase na capela de Penadedra unha festa na honra á Virxe dos Remedios.