Reunida a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero

Onte reuniuse no salón de plenos do Concello a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero (MLC), que estivo presidida polo alcalde, José Pardo Lombao e que contou tamén coa presenza da maioría de membros, concretamente asistiron:

JOSÉ PARDO LOMBAO, Alcalde do Concello de Outeio de Rei e presidente da MLC

PILAR FERNANDEZ LOPEZ, Xefa Territorial da Xunta en Lugo

Mª JOSÉ MARTÍNEZ VIGO, Concelleira de Servizos Sociais

PILAR MÉNDEZ LOMBAO, Concelleira de deportes

BLANCA ARROJO FARELO, Traballadora social

Mª CARMEN MARTÍNEZ REGUEIRO, Educadora familiar

MARÍA BARREIRO DOMÍNGUEZ, Coordinadora do servizo de condutas aditivas

Mª LUISA CASTRO LÓPEZ, Xefa da Unidade de Violencia de Xénero

MIGUEL BARREIRO PULIDO ,Sarxento da Garda Civil de Rábade

LUCÍA DÍAZ SEIJAS, Directora da Escola Infantil Municipal

NOA PIÑEIRO ADRIO, Directora do CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei

LUISA NÚÑEZ CEIDE, Secretaria da Asociación de Mulleres Rurais Santa Isabel

ÁNGEL MANUEL LAGE, Director IES Río Miño de Rábade

Mª SOLEDAD  PICÓN ACAL, Técnica de desenvolvemento local e emprego e secretaria da Mesa

 

Na mesma constatouse a existencia de varios casos activos de violencia de xénero no municipio coas súas respectivas ordes de afastamento e o bo funcionamento da coordinación dos ámbitos relacionados, neste caso fundamentalmente Garda Civil de Rábade e o departamento de servizos sociais do Concello.

Puxéronse en común diferentes actividades realizadas nos diferentes ámbitos educativos e informouse da proposta de actividades para o primeiro semestre do ano, centradas basicamente en actuacións de sensibilización contra a violencia de xénero e de formación en igualdade orientadas ao CEIP Laverde Ruíz, ao servizo municipal de conciliación familiar e tamén ás familias.

Un dos problemas constatados polos membros da MLC e a necesidade de buscar formas para facilitar que pais e nais, a través de charlas ou outros medios, teñan ferramentas adecuadas que axuden a previr e evitar o acoso escolar, o ciberbulling, a violencia…, educando en valores e no respecto.  O papel dos  pais e nais na educación dos seus fillos e fillas considerase  base fundamental da súa educación  e por iso deberían ter  unha información adecuada por exemplo sobre o uso seguro que fan os seus fillos/as  das novas tecnoloxías para así  facer fronte aos perigos actuais.

Os membros da MLC decidiron participar nun programa de activación e dinamización das mesas promovido pola Secretaría Xeral de Igualdade e que previsiblemente se levará a cabo a finais do mes de xaneiro.