Numerosas persoas acudiron á FESTA DE ENTROIDO e ao CONCURSO DE DISFRACES DE OUTEIRO DE REI celebrados o domingo día 15 e aínda  que o tempo non  acompañou, foron moitas as persoas que se apuntaron á festa e gozaron dunha tarde carnavaleira na que puideron bailar ao son do dúo Eclipse  e onde diferentes disfraces se disputaron os 2.180 euros de premios.

A alta participación, maior que nunca, e o gran nivel dos concursantes fixo que  o xurado outorgara tres  premios especiais na categoría de comparsa. Os disfraces premiados segundo as categorías foron:

COMPARSAS
1º PREMIO (500 €): FUNKOFEST
2º PREMIO (300 €): CUERDA PARA RATO
3º PREMIO (200 €): ENTROIDO NA GALEGA

PREMIO ESPECIAL (comparsa de Outeiro de Rei – 150 €)
CA CABEZA NA LÚA E COS PÉS NA TERRA

PREMIO ESPECIAL (100 €): A FÁBRICA DE DULCES
PREMIO ESPECIAL (60 €): OS PUNKIS DA MIÑA TERRA GALEGA
PREMIO ESPECIAL (50 €): EL MUNDO DE LAS HADAS

PARELLAS
1º PREMIO (200 €): BIOSHOCK
2º PREMIO (120 €): O OURIZO DO SOUTO SAGRADO

INDIVIDUAL
1º PREMIO (150 €): BATMAN
2º PREMIO (100 €): LA FÁBRICA DE CHOCOLATE

INFANTIL
1º PREMIO (150 €): O BOSQUE MÁXICO
2º PREMIO (100 €): A RATITA PRESUMIDA