O pasado sábado, con motivo da celebración da XIII FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI, tivo lugar o primeiro campionato de escultura con motoserra no que se inscribiron un total de seis participantes, resultando premiados os seguintes traballos:

– 1º premio (200 € máis detalle da empresa Husqvarna) para a obra titulada RODEIRO realizada por OMAR LÓPEZ NIETO.

– 2º premio (150 € máis detalle de Husqvarna) para a obra titulada: CANTERO realizada por JOSÉ FERVENZA OTERO.

– 3º premio (100 € máis detalle de Husqvarna) para a obra titulada: OLEIRO realizada por EUGENIO LINARES GRANDA.