Esta disposición recolle, entre outros acordos, os seguintes:
- Posta á disposición daquelas asociacións e clústeres que así o requiran da posibilidade de adherirse ao sistema de compras organizado pola Administración autonómica, coa finalidade de garantirlles a subministración de máscaras.
- Modificación e ampliación de medidas para favorecer ás persoas demandantes inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (Emprego Galicia).
- Modelo de autorización de desprazamento que deberán utilizar os propietarios forestais, para efectos da compravenda de madeira, para asegurar a subministración aos ciclos industriais.
- Guía preventiva ante o coronavirus no ámbito da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.