As máscaras KN95 comercializáronse en España cun permiso especial xustificado pola situación de emerxencia pero non habían completado todo os procedementos de avaliación, incluíndo a colocación do marcado ‘CE’, obrigatorio para a venda de produtos importados na Unión Europea.

Por este motivo as máscaras KN95 que non posúan marcado ‘CE’ xa non poden importarse nin poñerse á venda.

Non obstante, nesta disposición recóllese que as farmacias poden dar saída ao stock de máscaras adquiridas durante as circunstancias especiais ata o 31 de decembro.
Con todo, pódese comprobar que unha máscara que posuamos, ou esteamos adquirindo, este homologada de acordo aos criterios da ‘CE’: ademais da marcaxe, atoparemos un códgo de 4 díxitos. Trátase do NANDO (New Approach Notified and Designated Organisations), mediante o cal un estado membro da UE notifica ao resto cales instancias están autorizadas a revisar o material para EPIs. Tamén existe unha páxina web na que poderemos buscar o código e comprobar se, efectivamente, o produto pasou todos os controles necesarios.

Máis información nos seguintes enlaces:

https://www.boe.es/boe/dias/2020/09/30/pdfs/BOE-A-2020-11423.pdf

https://www.boe.es/boe/dias/2020/04/25/pdfs/BOE-A-2020-4651.pdf

https://ec.europa.eu/growth/tools-databases/nando/index.cfm?dir_id=155501&fuseaction=directive.notifiedbody