Como en anos anteriores, o Concello de Outeiro de Rei estivo presente na feira TUREXPO celebrada durante a Semana Verde de Silleda, co obxectivo de seguir dando a coñecer a oferta turística do municipio recibindo a visita de numeroso público.
Entre o público diverso que pasou polo stand é de destacar a visita dun grupo de blogueiros de toda Galicia, visita dirixida por TURVERGAL, profesionais todos eles das redes sociais que utilizan para dar a coñecer Galicia.
O domingo día 9 de xuño procedeuse ao habitual sorteo que nesta ocasión foi de tres estancias para dúas persoas na casa de turismo rural Río Ladra.
- ELENA REGUEIRO VARELA, de Carral (A Coruña)
- SARA FREIRE DOMÍNGUEZ, de Marín (Pontevedra)
- JOSÉ ANTONIO SÁNCHEZ BELLO, de Neda (Ferrol)