Recentemente unha nai natural de Outeiro de Rei contactou co Concello para solicitar a súa colaboración nunha campaña de recollida de tapóns solidarios destinados a recadar fondos para a investigación da enfermidade de Dent, enfermidade renal das clasificadas como raras que afecta aos riles; ela é nai dun neno afectado desta doenza.
Dende o Concello de Outeiro de Rei, sumámonos á campaña solidaria da Federación Alcer Galicia e solicitamos a colaboración da cidadanía que desexe participar na mesma; a tal efecto no Concello haberá instalado ao carón da porta de entrada un punto para a recollida de tapóns solidarios.
Calquera persoa que o desexe pode achegar tapóns de plástico ao Concello que se encargará da súa posterior entrega a Alcer.