Resumo da disposición:
As persoas de seis anos en adiante quedan obrigadas ao uso de máscaras nos seguintes supostos:
- En calquera espazo pechado de uso público ou que se atope aberto ao público.
- En calquera espazo ao aire libre no que pola aglomeración de persoas, non resulte posible manter unha distancia mínima de 1,5 metros entre as mesmas, salvo grupos de conviventes.
- Nos medios de transporte aéreo, marítimo, ou autobús, ou por ferrocarril, incluíndo as plataformas e estacións de viaxeiros, ou en teleférico, así coma nos transportes públicos e privados complementarios de viaxeiros en vehículos de ata nove prazas, incluído o condutor, se os ocupantes dos vehículos de turismo non conviven no mesmo domicilio. No caso dos pasaxeiros de embarcacións, non será preciso o uso de máscaras cando se atopen no seu camarote, nin en espazos exteriores da nave cando podan manter a distancia de seguridade de metro e medio.
- Nos eventos multitudinarios ao aire libre, cando non se poda manter metro e medio de distancia entre persoas, salvo grupos de conviventes.
A obriga contida no apartado anterior non será esixible nos seguintes supostos:
- As persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que poda verse agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para retirarse a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.
- No caso de que, pola propia natureza das actividades, o uso da máscara resulte incompatible, con respecto ás indicacións das autoridades sanitarias.
- Naqueles lugares ou espazos pechados de uso público que formen parte do lugar de residencia dos colectivos que alí se reúnan, como son as institucións para a atención de persoas maiores ou con diversidade funcional, as dependencias destinadas a residencia colectiva de traballadores esenciais ou outros colectivos que reúnan características similares, sempre e cando ditos colectivos e os traballadores que alí desempeñen as súas funcións, teñan coberturas de vacinación contra o SARS-CoV-2 superiores ao 80% coa pauta completa, acreditado pola autoridade sanitaria competente.
Esta última excepción non será de aplicación aos visitantes externos, nin aos traballadores dos centros residenciais de persoas maiores ou con diversidade funcional.