A declaración do estado de alarma afecta a todo o territorio nacional.

Este rematará ás 00:00 horas do 9 de novembro de 2020, sen prexuízo das prórrogas que podan establecerse.

Durante as 23:00 e as 6:00 horas, os cidadáns só poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización das seguintes actividades:

Compra de medicamentos, produtos sanitarios e outros ben de primeira necesidade; asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios; asistencia a centros de atención veterinaria por motivos urxentes; cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais; retorno ao domicilio habitual tras realizar algunha destas actividades; asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables; por causas de forza maior ou situación de necesidade; calquera outra actividade de análoga natureza debidamente acreditada; repostaxe en gasolineiras e estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización de estas actividades previstas.

Restrinxirase a entrada e saída de comunidades autónomas e cidades con Estatuto de autonomía salvo para aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos:

Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios; cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais e legais; asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil; retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar; asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables; desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou gasolineiras en territorios limítrofes; actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais; renovacións de permisos e documentación oficial, así coma outros trámites administrativos inaprazables; realización de exames ou probas oficiais inaprazables; por causa de forza maior ou situación de necesidade; calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

Non estará sometida a restrición algunha a circulación en tránsito a través dos ámbitos territoriais nos que resulten de aplicación as limitación previstas.

A TER EN CONTA: Aínda que neste BOE aparece regulado que as reunións de grupos de persoas non deben superar o número máximo de seis persoas non conviventes, en Galicia a Xunta fixou medidas máis restritivas que deben ser respectadas, establecendo en cinco o límite máximo de reunión de persoas non conviventes.

TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN