As persoas de seis anos en diante quedan obrigadas ao uso de máscaras nos seguintes supostos:

  1. a) Nos centros, servizos e establecementos sanitarios segundo o establecido no Real Decreto 1277/2003, do 10 de outubro, polo que se establecen as bases xerais sobre autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios, por parte das persoas traballadoras, dos visitantes e dos pacientes con excepción das persoas ingresadas cando permanezan na súa habitación.
  2. b) Nos centros sociosanitarios, os traballadores e os visitantes cando estean en zonas compartidas.
  3. c) Nos medios de transporte aéreo, por ferrocarril ou por cable e nos autobuses, así como nos transportes públicos de viaxeiros. Nos espazos pechados de buques e embarcacións nos que non sexa posible manter a distancia de 1,5 metros, salvo nos camarotes, cando sexan compartidos por núcleos de conviventes.

A obrigación contida no apartado anterior non será esixible nos seguintes supostos:

  1. a) Ás persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que poida verse agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitarse a máscara ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.
  2. b) No caso de que, pola propia natureza das actividades, o uso da máscara resulte incompatible, conforme as indicacións das autoridades sanitarias.

Queda derogado o Real Decreto 115/2022, do 8 de febreiro, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de máscaras durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Entrada en vigor: O presente real decreto entrará en vigor o 20/04/2022

TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN