Do 18 ao 22 de xullo dezaoito mozos e mozas de Outeiro de Rei puideron aproximarse ao mundo laboral a través da realización de estadías en varias empresas do municipio, concretamente as empresas acolledoras foron as seguintes:

AVIFAUNA. Parque zoolóxico

BEN ALONSO, S.L. Carpintería metálica.

D10 CENTRO DEPORTIVO. Centro deportivo con cafetería e restaurante.

GARATUXA. Residencia de mascotas.

IDEA ALMACÉN DE PAPELERÍA, SL. Venda ao por maior de material escolar, artigos e máquinas de oficina e informática.

LASERLUCUS, S.L.U. Taller de gravado e corte por láser.

MARCELLE NATUREZA. Parque natural de animais.

PAN E PANADERÍA DE OUSÁ, SL. Fabricación e venda de pan, empanadas e bollería.

 

Ademais destas  empresas, tamén colaboraron nesta iniciativa ofrecéndose a acoller: Área 507, Fulgencio Casás Lombao, , Pan do Manuel, Paulino Carral Méndez, Transformacións Agrícolas e Forestais M. Ángel e Xardinería Santa Isabel.

As prácticas realizadas durante cinco días en xornadas diarias de 4 h representaron un primeiro contacto co mundo laboral, unha experiencia que foi moi valorada por todos eles e que lles permitiu coñecer o traballo diario na empresa escollida e colaborar realizando diferentes actividades.

Para completar o programa,  realizouse o día 26 unha visita ao Centro de Empresas e Innovación  CEI Nodus onde foron informados pola AEDL, Mª José Díaz, dos servizos que ofrece esta entidade aos emprendedores, ademais de realizar un percorrido polas instalacións e de completar a visita cun encontro con promotores de catro interesantes iniciativas empresariais acollidas no centro ademais de recibir unha charla por parte da orientadora laboral do centro.

A xornada rematou no Concello de Outeiro de Rei onde a AEDL municipal  mantivo un intercambio de impresións e fixo entrega dos diplomas acreditativos da participación no programa.

A oitava edición desta iniciativa foi promovida e subvencionada polo Concello de Outeiro de Rei.