Do 17 ao 21 de xullo dezanove mozos e mozas de Outeiro de Rei puideron aproximarse ao mundo laboral a través da realización de estadías en varias empresas do municipio, concretamente as empresas acolledoras foron as seguintes:
AVIFAUNA. Parque zoolóxico
D10 CENTRO DEPORTIVO. Centro deportivo con cafetería e restaurante.
GARATUXA. Residencia de mascotas.
IDEA ALMACÉN DE PAPELERÍA, SL. Venda ao por maior de material escolar, artigos e máquinas de oficina e informática.
MARCELLE NATUREZA. Parque natural de animais.
PAN E PANADERÍA DE OUSÁ, SL. Fabricación e venda de pan, empanadas e bollería.
TRANSFORMACIÓNS AGRÍCOLAS E FORESTAIS M. ÁNGEL. Traballos agrícolas
XARDINERÍA SANTA ISABEL. Xardinería.
PAN DO MANUEL. Fabricación e venda de pan e empanadas.
ÁREA 507. Estación de servizo, tenda, restaurante, hotel e servizo de vixilancia de camións
Ademais destas empresas, tamén colaboraron nesta iniciativa ofrecéndose a acoller: Carpintería metálica Ben Alonso, SL, LaserLucus, SL e Paulino Carral Méndez.
As prácticas realizadas durante cinco días en xornadas diarias de 4 h representaron un primeiro contacto co mundo laboral, unha experiencia que foi moi valorada por os participantes e que lles permitiu coñecer o traballo diario na empresa escollida e colaborar realizando diferentes actividades.
Para completar o programa, realizouse o día 24 unha visita á Fundación CEL de Lugo onde ademais de facer un percorrido polas instalacións puideron escoitar a dúas emprendedoras que fixeron realidade o seu proxecto a través da Fundación e tamén a unha consultora de empresas a cal lles facilitou información para comezar un proxecto de emprendemento.
De regreso a Outeiro de Rei puideron poñer en práctica as súas competencias dixitais na iniciativa dixital Generación D que tiña instalado un autobús na Praza do Concello.
A xornada rematou no Concello de Outeiro de Rei onde o alcalde, José Pardo Lombao, mantivo un intercambio de impresións e fixo entrega dos diplomas acreditativos da participación no programa.
A novena edición desta iniciativa foi promovida e subvencionada polo Concello de Outeiro de Rei.