Bandeiras Verdes de Galicia 2025

A Xunta de Galicia vén de recoñecer a 33 concellos galegos como territorios responsables coa concesión da Bandeira Verde, un distintivo que ten por obxecto enxalzar as boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe.

O acto de entrega dos distintivos tivo lugar onte, día 14 de outubro, en Mos (Pontevedra) e no mesmo estivo presente o alcalde, José Pardo Lombao, que recolleu a bandeira verde por quinto ano consecutivo da man do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e da Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez.

A Bandeira Verde de Galicia, creada pola Xunta en 2020, consolidouse como un distintivo pioneiro a nivel estatal. Galicia foi a primeira comunidade autónoma en contar cun selo propio que distingue o esforzo local pola paisaxe, a eficiencia enerxética, a educación ambiental e a xestión responsable dos recursos.

O presidente da Xunta avanzou durante o acto que a Xunta creará en 2026 a Rede de Concellos Bandeira Verde de Galicia, que permitirá compartir boas prácticas e desenvolver proxectos conxuntos nos municipios adheridos.