O Concello de Outeiro de Rei acollerá o mércores 13 de decembro, no salón de actos da Casa da Cultura ás 17:30 h, unha XORNADA INFORMATIVA SOBRE SERVIZOS FINANCIEROS E BANCARIOS: CONTA DE PAGO BÁSICA, TARXETAS… promovida polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia. O obxectivo da mesma é informar da conta de pago básico, os requisitos para poder acceder a ela e como solicitala, os tipos de tarxetas que hai como medio de pago, destacando a problemática que poden ter as tarxetas revolving con intereses desmesurados e os créditos ao consumo, dando a coñecer os dereitos que temos como persoas consumidoras e usuarias ante tales servizos e produtos.