O Concello de Outeiro de Rei organiza para o mércores 17 de xaneiro, no salón de actos da Casa da Cultura ás 17:30 h, unha XORNADA INFORMATIVA SOBRE DEREITOS BÁSICOS DAS PERSOAS CONSUMIDORAS: COMO RECLAMAR promovida polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia. O obxectivo da mesma é dar a coñecer os dereitos que temos como persoas consumidoras en materia de prezos, garantías de produtos e servizos, durabilidade dos produtos e como poder reclamar en supostos de bens/servizos defectuosos ou faltas de conformidade.