SESIÓN INFORMATIVA COÑECE MÁIS SOBRE A NOVA TARIFA ELÉCTRICA

O Concello de Outeiro de Rei organiza para o mércores 22 de setembro, no Salón de Actos da Casa da Cultura ás 19:30 h, unha sesión informativa sobre Coñece máis sobre a NOVA TARIFA ELÉCTRICA.

Capacidade  limitada a 64 persoas para cumprir cos aforos esixidos pola normativa sanitaria (pode sufrir variacións debido a novas restricións).  Recoméndase que as persoas interesadas comuniquen a súa asistencia no teléfono 982 393 281 (poden realizar esta comunicación ata o propio día de celebración da charla).