O vindeiro 14 de novembro ás 18:00 h terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura a representación da obra TRANSPARENTAR da compañía Enésima, un espectáculo de teatro-danza que trata as dificultades da xeración Z ou xeración de cristal.

Aparentemente a xeración Z é unha xeración sen dificultades e moi criticada polo resto de xeracións máis maiores. Téñeno todo, sen embargo, é unha xeración na que o suicidio é a principal causa de morte.

Nesta  obra exponse o uso excesivo das redes sociais e os seus efectos negativos en idades nas que a personalidade estase a consolidar.

Dende un punto satírico, TRANSPARENTAR mostra como a cantidade inxente de visualizacións de todo tipo xeran unhas autoestimas baseadas na imaxe, na hipersexualización e nos likes. A xeración de cristal é fráxil ou transparente?.

A obra está dirixida a un público maior de 16 anos.

Esta actuación está incluída dentro do programa Buxiganga para teatro afeccionado da área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.