O Concello de Outeiro de Rei lembra que aínda quedan prazas para participar nas Actividades de Promoción da Muller previstas para o primeiro semestre do ano. O prazo xeral de inscrición remata o próximo día 18 de febreiro; rematado este prazo as vacantes dispoñibles poderán ser cubertas igualmente por homes que estean interesados nestes cursos.

As actividades con prazas vacantes son:

– ELABORACIÓN DE XABÓNS E COSMÉTICA NATURAL (martes, de 19:30 h a 21:00 h, dende o 19/02 ao 28/05).

– INICIACIÓN AO HORTO ECOLÓXICO (xoves, de 16:30 h a 18:30 h, dende o 14/03 ao 30/05).

– TALLER DE COIRO (luns, de 16:30 h a 18:30 h, dende o 01/04 ao 24/06).

Por outra banda, e ata o 25 de febreiro, poden presentar no rexistro do Concello, ben presencialmente, ben por correo certificado, os traballos para participar no Concurso de fotografía A MULLER TRABALLADORA NO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI (3ª edición) que se organiza co motivo de celebrar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Pódense consultar as bases reguladoras do concurso no banner existente a tal efecto nesta web municipal.