Informamos que a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia puxo en marcha o programa Oficina móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas, unidade móbil que percorrerá durante 6 meses todos os municipios de Galicia.
O obxectivo prioritario deste proxecto é promover a inclusión e a integración da poboación emigrante retornada e os seus familiares en todo o territorio galego. Esta oficina dispón dun espazo de 50 m2, accesible tamén para persoas con mobilidade reducida.
As persoas que desexen recibir este servizo poderán acudir o día 30 de abril do 2024, de 09:30 h a 14:00 h á oficina móbil que estará situada na Praza do Concello.