O Concello de Outeiro de Rei organiza para o 25 de novembro, en colaboración coa Consellería de Sanidade e coincidindo co Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o obradoiro EDUCACIÓN EMOCIONAL. TÉCNICAS DE RELAXACIÓN que terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura, en horario de 16:30 h a 20:30 h.
Durante este obradoiro está previsto que se traten os seguintes contidos:
• Diferentes técnicas de relaxación.
• Meditación e concentración.
• Síntomas e efectos do estrés e a ansiedade.
• Fontes de estrés – factores clave – coñecer os teus.
• Coñecer, entender e manexar o estrés e a ansiedade na túa vida.
• Estratexias para manexar, reducir e relaxar o estrés.
Os obxectivos que se perseguen son: aprender a xestionar as emocións. Conseguir un manexo axeitado do estrés e da ansiedade. Lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/ou transición vital: enfermidade, dó, etc.
Inscricións gratuítas ata completar prazas (30) no seguinte enlace:
Máis información na Casa da Cultura, no tfno. 982 393 408.
Esta actividade está incluída dentro das Actividades de Promoción da Muller 2024.